scroll_n_3
SEO

Pack Seo Basic

99€/mes

Este pack reúne o imprescindible para un bo posicionamento en buscadores. Inclúe optimización de contidos dirixidos ás nosas palabras clave.

[ninja-popup ID=26672] ¡COMEZAR AGORA! [/ninja-popup]

Pack Seo Advance

199€/mes

Seo Advance é a solución profesional completa para lograr que unha páxina de pequeno ou medio tamaño se atope nas primeiras posicións dos resultados en Google. Inclúe Seo offpage.

[ninja-popup ID=26672] ¡COMEZAR AGORA! [/ninja-popup]

Pack Seo Pro

349€/mes

Con Seo Pro o que buscamos é dar unha solución máis ampla a páxinas cunha cantidade de contido importante, como tendas online con miles de produtos a posicionar. Inclúe o deseño e optimización de blog corporativo.

[ninja-popup ID=26672] ¡COMEZAR AGORA! [/ninja-popup]

Que é o SEO?

O SEO, tamén coñecido como posicionamento en buscadores, referido das súas siglas en inglés Search Engine Optimization, defínese coma “o proceso mediante o que mellorar a visibilidade dun sitio web nos resultados orgánicos dos diferentes buscadores”.

Google é o motor de búsqueda preferido en todo o mundo e en España. Google é a primeira opción para o 96,7 % dos usuarios españoles fronte ao 1,5% de Yahoo, o 1,2% de Bing e o 0,5% de Ask. No caso particular de España, somos máis fieis a Google que outros países como Francia, Alemania ou Reino Unido.

Polo tanto, cando falamos de posicionamento en buscadores, e principalmente referíndonos ás procuras realizadas dende España, referímonos á posición que ocupa a túa empresa ou páxina web nos resultados dunha procura en Google.

Os usuarios realizan procuras sobre determinados servizos, produtos ou informacións directamente en Google utilizando unha combinación de palabras clave o keywords.

O obxectivo de todo bo SEO é que a túa páxina se atope de forma orgánica ou natural nesas primeiras posicións para as procuras que máis interesan ao teu negocio, asegurándote que canto mellor é a túa posición nas procuras, maior é o tráfico de usuarios cara á túa web como potenciais clientes.

espina
Google 96%
Yahoo 1%
Bing 1%
Ask 0%

Tres son os puntos básicos que hai que priorizar en SEO: Titulo, contido e ligazóns

Á hora de fixar o título e o contido é imprescindible analizar en profundidade os termos utilizados para sacar o máximo partido. En DominioZero estudaremos exhaustivamente os termos que máis procuras teñen, sexan dunha ou varias palabras, para localizar aqueles con máis relevancia entre os existentes no teu sector. Aparte do estudo dos termos, é esencial elaborar un SEO on Page adecuado. O SEO on Page abrangue todas as melloras que se poden realizar sobre o contido da páxina para mellorar o seu posicionamento. Hai unha frase moi usada por todos os profesionais de internet que resume claramente a relación entre os contidos e os resultados de procura en Google: 

“En SEO, o contido é o rei”

Efectivamente, o contido é a pedra angular do SEO. É de vital importancia que o contido sexa de calidade, auténtico e orixinal, ao que debemos engadirlle que sexa fresco, novedoso e que resulte atractivo aos usuarios.

Se aos internautas lles gustan os teus contidos, a Google tamén lle gustarán.

En DominioZero somos expertos en xestión de contidos. Só cuns contidos interesantes e de calidade serás quen de sorprender ao cada vez máis esixente público online .

Estudaremos o teu caso a fondo e darémosche o mellor asesoramento persoalizado.

[ninja-popup ID=26672] PIDE PRESUPOSTO GRATIS [/ninja-popup]

seomano-252x300
enlaces-reduxx

A arte do Linkbuilding:

O Linkbuiding ou construción de ligazóns é sen dúbida un dos piares fundamentais do SEO ou posicionamento web. O seu obxectivo é o de aumentar o peso ou autoridade dunha web tanto como sexa posible mediante a xeración de ligazóns cara á mesma.

A optimización On Page por si soa non é garantía suficiente para un bo posicionamento, especialmente cando estamos loitando nun nicho de mercado moi competitivo.

A Optimización Off Page ten como obxectivo principal que outras páxinas enlacen á nosa e que se fale dela nas Redes Sociais, Foros, Blogs, etc. sendo o seu principal indicador a cantidade e calidade das ligazóns que apuntan á túa páxina.

Pero non todas as ligazóns aportan o mesmo; as que proveñen de páxinas relevantes ou con moito peso, poden axudar a posicionar a nosa web, mentres que as de páxinas irrelevantes ou con mala reputación poden resultar perxudiciais e provocar penalizacións de posición nos resultados. Así mesmo, aquelas ligazóns que proveñen de dominios ou webs con temáticas similares á da nosa web, terán un maior peso e serán máis efectivas.